domingo, 17 de febreiro de 2019

Bolsas de papel

Últimamente están saíndo noticias sobre a introducción das bolsas de papel no supermercados como sustituto das bolsas de plástico.
Moita xente ve esta medida como algo innecesario, pero a realidade é que se trata dun acontecemento importante.
Reducir o uso dos plásticos nas tendas de alimentación é algo indispensable para seguir avanzando como sociedade.
Algunhas noticias que tamén foron virales recientemente foron unas imaxes dunha illa de plástico creada no medio do mar. Aparentemente estas dúas noticias non teñen relación, sin embargo, se somos un pouco observadores dámonos conta de que teñen moito que ver. Parte de esas illas están formadas por bolsas e envases de supermercado, polo que, se as bolsas e envases foran de papel, a posibilidade de que esta illa se formase é moito menor.
A continuación os deixo un vídeo que explica á perfección a importancia de eliminar o plástico do supermercados. Se ti es das persoas que lle restan importancia, quizás os datos mencionados fan que o vexas como un cambio importante



sábado, 16 de febreiro de 2019

Os vidrios

Que son os vidrios?

O vidrio é un material inorgánico duro á vez que fráxil, elaborado con materias primas, que permite o paso da luz.
Este material é usado para fabricar ventás, portas e botellas, por exemplo.

Como afectan ao noso planeta?

O vidrio, aínda que sexa un dos materiais menos contaminantes, segue sendo perigoso polo exceso de botellas e outros recipientes que son abandonados na estrada, nos parques, nas festas ou no mar. Isto causa a creación de enormes vertedoiros que non fan máis que contaminar o noso planeta
Resultado de imagen de vidrio contaminacion

Como solucionar o problema?

O vidrio é un material reciclable, así que é tan simple como botar as nosas botellas e outros utensilios ao contenedor verde. Pero non só iso, senón que é un material que se pode reutilizar todas as veces posibles, por exemplo para plantar pequenas plantiñas ou para as nosas manualidades. Así, evitaremos o crecemento de vertedeiros, aforraremos enerxía, reduciremos os efectos do cambio climático e as emisións de CO2.



Así que xa sabedes: Os nosos vidrios sempre ao contenedor verde e, sempre que sexa posible, a reusalos para as nosas cousas!