As consecuencias da non reciclaxe

Hai moitos posts, blogs enteiros e outras publicacións sobre por que hai que reciclar e o importante que é, pero poucas hai que falen do que pasa se non reciclamos.


Quedámonos sen espacio!

Exactamente. Se non reciclamos, aumentará o nivel de residuos ata deixarnos sen espacio para tratalos. En Estados Unidos, por exemplo, isto xa é una realidade.

Di ola á polución

Con tantos residuos, teremos que quemalos e desfacernos deles moito máis rápido, o que causa cinza e moitos gases tóxicos. A calidade do aire empeorará e moitas persoas e animais terán problemas para respirar. Ademais, aumentaría o efecto invernadoiro e subiría a temperatura da Terra.

Desaparición dos recursos naturais!?

Si. Ao non reciclar gastaremos máis auga, electricidade… Os presos subirán, estes recursos comezarán a escasear e incluso a desaparecer.

Abur aos ecosistemas

Debido á escasez dos recursos naturais e á necesidade de máis, as empresas comezarán a explotar novos ecosistemas e reservas naturais, causando deforestación e a desaparición de especies enteiras da nosa fauna e flora.

Todavía máis

Ademais de á nosa saúde, non reciclar afecta á saúde do planeta. Moitísimas persoas (máis de 19 millóns) teron xa que mudarse porque o lugar onde vivían deixou de ser habitable.



Ningún comentario:

Publicar un comentario